Fonteverde

Inicio A Casa Situación Reservas
 

 

Hotel Rústico Fonteverde, situado no casco histórico da vila termal de Cuntis, ocupa unha casa construída na década de 1880. Foi rehabilitada conservando a fachada orixinal con galerías e unha boa parte de elementos da anterior estrutura. O mobiliario tradicional utilizado xunto coa funcionalidade das súas instalacións crean un ambiente moi acolledor. Pódese dicir que éste foi o obxectivo principal na rehabilitación do inmoble: ofrecer aos hóspedes un benestar e unha acollida que farán da súa estancia no Hotel Rústico Fonteverde unha razón para voltar a Cuntis.

Hotel Rústico Fonteverde é un lugar idóneo para relaxar, nunha vila na que se pode disfrutar das súas augas termais, do seu casco histórico e das paisaxes polas diferentes rotas de sendeirismo.


Cuntis está situado a 28 quilómetros de Santiago de Compostela e a 26 de Pontevedra. A proximidade da costa, a tan só 18 quilómetros, permite facer diferentes percorridos polas praias de Rianxo, Vilagarcía de Arousa, etc. Unha situación privilexiada para achegarse á capital de Galicia e Patrimonio da Humanidade así como ás Rías Baixas.

Nas cercanías de Cuntis, a 7 Km. está a vila de Caldas de Reis. Esta vila é a penúltima etapa dos peregrinos que tomano Camiño Portugués para chegar a Santiago de Compostela. Cuntis ofrece unha variante deste camiño.

Para os anfitrións do Hotel Rústico Fonteverde, Silvia e Jean, todo é posible con tal de que vostede disfrute e se sinta como na súa propia casa con todas as comodidades do hotel.

Fonteverde
 

 

 

Hotel Rústico Fonteverde. Rúa Bernardo Sagasta, 15. Cuntis (Pontevedra). Tel/Fax: +34 986 548 488. E-mail: 

info@hotelfonteverde.com