A CASA
O hotel conta con 8 habitacións: 4 dobres (unha delas especial), 2 de matrimonio (unha delas adaptada a persoas con mobilidade reducida) e 2 individuais.
Todas as habitacións dispoñen de cuarto de baño, teléfono e televisor.
Catro das habitacións teñen terraza privada e outras dúas compleméntanse cunha galería.
Servizos
O establecemento ofrece aloxamento e almorzo. Para xantar e cear recomendamos calquera dos restaurantes próximos ao hotel.
Outros espazos a disposición dos nosos hóspedes son: un amplo salón social con cheminea, unha sala-biblioteca, unha sala de almorzos, un patio semi-cuberto, unha terraza común e un agradable xardín que invita a disfrutar do aire libre con vistas ao río Gallo.
Na planta baixa pódese acceder gratuitamente ao servizo WIFI así como ao uso dun computador.
Dado que somos establecemento colaborador do Balneario Termas de Cuntis, podemos ofrecer tratamentos especiais aos nosos hóspedes ademáis dun 10% de desconto nas tarifas que figuran no catálogo xeral do Balneario.
|